Foro / Sociedad

Los verdaderos orígenes de la navidad

Última respuesta: 1 de enero de 2010 a las 12:27
M
moez_9120339
28/12/09 a las 12:35

BO YULE!
Despois do Samaín a seguinte festa celta é a do Yule, non vos preocupedes, nós tampouco a coñecíamos ata hai pouco, pero pareceunos fermosa e gustaríanos que todo o mundo a coñecese. Acompañádesnos nesta viaxe histórica?

Desde o antigo Exipto festéxase o renacemento do sol, é dicir, o solsticio de inverno (21 de decembro). Na cultura celta esta festividade recibiu o nome de Yule e celébrase do 20 ó 23 de decembro. Os celtas estaban moi ligados ós cambios e ritmos da natureza, por iso celebraban o resurxir da luz (os días empezan a ser máis longos), e por iso renacía a vida aletargada pola escuridade anterior. Este nacemento do sol demostraba o equilibrio entre luz-escuridade, sendo un símbolo de harmonía, paz, amor e felicidade, xa que permitía comprender que despois de cada fin (simbolizado polo Samaín)sempre hai un novo comezo.

Durante o Yule, recollíase un tronco para decoralo con piñas, grilandas de acivro e muérdago, sendo colocado nun lugar privilexiado da casa e deixándolle agasallos e doces, isto xunto coa veneración que sentían polas árbores, foi a orixe da actual árbore de Nadal. A noite do solsticio queimábase o tronco e tamén encendíanse candeas para axudar ó sol a renacer.


Esta festa ten máis de 3000 anos de antigüidade, e como vemos non é incompatible coas celebracións do Nadal, que se empezou a celebrar na Idade Media, cando o papa Julio I decidiu fixar o nacemento de Xesucristo durante as celebracións do solsticio para evitar que se celebraran festas paganas, conseguindo que a día de hoxe esta festa esté case esquecida, aínda que supuxo a orixe das celebracións de Nadal: a árbore, intercambio de agasallos, bos desexos, etc.


Fontes: Wikipedia, teleformacion.edu.aytolacoruna .es, lunacelta,etc.

20/12/09 - Sergio Lozano Guitián

Información do artigo

Ver también

M
moez_9120339
1/1/10 a las 12:27

Aclaraciones
Hola a tod@s y gracias por vuestra amabilidad, si os habeis ofendido por publicar en gallego disculpadme, el motivo ha sido q publico en una revista q se edita en gallego y consideré q no necesitaba traducirlo, pq se entiende (si se tiene predisposición a ello), pq existen traductores en la red, etc.
El artículo está publicado en español, ya q está en gallego, y q yo sepa cd hablamos de español nos referimos a los idiomas oficiales en España: castellano, gallego, catalán y euskera. Mucha gente considera español y castellano sinónimos, pero eso es considerar a los restantes idiomas oficiales en España com extranjeros...y a día de hoy no lo somos, o yo no me he enterado.
Del nacimiento de Jesús no se sabe nada pq la biblia no dice cd nació y la historia nunca habló de Jesús.
Estoy encantado de haber encontrado este foro, me parece q los temas q se tratan y la gente q escribe y contesta es muy interesante, entendida y respetuosa.
FELIZ YULE!!!

ISDIN Si-Nails

ISDIN Si-Nails

Compartir
No te pierdas ni uno solo de nuestros tableros en Pinterest
pinterest